Oscar Montes co Equipo Nacional Júnior de Wáter-polo

O xogador galego de waterpolo, Óscar Montes Gómez foi convocado para participar nos adestramentos que se levarán a cabo do 11 ao 13 de novembro como integrante da preselección para o Campionato do Mundo Junior. O ferrolán, actualmente xogando co CN Sant Andreu continua coa súa progresión deportiva, tanto no seu club como na selección.