Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel - DGAN

A Fundación Deporte Galego ven de publicar onte, mércores 16 de outubro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2019, baixo a denominación “Convocatoria de AXUDAS DGAN 2019”.

As bases desta convocatoria estarán á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, e na web de Deporte Galego dende o xoves 17, data na que comezará o prazo de presentación de solicitudes, rematando o vindeiro mércores 30 de outubro de 2019 .

Esta convocatoria está destinada a deportistas que estean recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte como Deportistas Galegos de Alto Nivel nos anos 2018 ou 2019.