Xornada 3 do Cto. España de Natación Infantil de Verán

20190729_nat_cto_esp_inf_alicia

Catro novas medallas e tres MMG na terceira xornada do XLI Cto. España de Natación Infantil de Verán.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico foi segunda en 400 libre de 14 anos con 4:28.98.

Yoel Suárez Mato do C. del Mar foi terceiro en 200 braza de 15 anos con 2:27.99.

Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD foi segundo en 200 braza de 16 anos con 2:23.09 establecendo unha nova Mellor Marca Galega.

Rosalía Marín Martínez do C. N. Coruña foi terceira en 200 costas de 15 anos con 2:20.68 establecendo unha nova Mellor Marca Galega.

Antía Gómez Taibo do C. N. Arteixo foi cuarta en 200 costas de 14 anos con 2:24.39 establecendo unha nova Mellor Marca Galega.

Outros nadadores destacados que acadaron finais foron:

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo, quinta en 200 costas de 15 anos con 2:22.83.

Mario Méndez Puga do C. N. Vigo Rías Baixas, cuarto en 800 libre de 16 anos con 8:34.31.

Acceso á web do campionato.