Tres ouros e tres bronces dos nadadores galegos, e un título por clubes, no X Campionato de España de longa distancia en piscina disputado o sábado en Mataró.
Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas e bolseiro do CGTD proclamouse campión de España en 3000 libre infantil batendo a Mellor Marca Nacional.
Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e bolseira do CGTD proclamouse campioa de España en 3000 libre infantil.
Ane de la Fuente Fiaño do C. N. Liceo tamén se proclamou campioa de España en 5000 libre Júnior-2.
Pablo Galán Vicente do C. del Mar e bolseiro do CGTD foi terceiro en 5000 libre Júnior-1.
Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira en 5000 libre Júnior-2.
María Vilas Vidal do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi terceira en 5000 libre sénior.
Ademais a nadadora Aroa Silva Fidalgo do C. N. Santa Olaya e bolseira do grupo de tecnificación de augas abertas foi primeira en 5000 libre Júnior 1.
Na clasificación por clubes, o C. N. Liceo proclamouse Campión de España en categoría feminina e o C. N. Ponteareas foi terceiro en categoría masculina.