XXV Campionato de España Máster de Inverno OPEN

20190211_mas_cto_esp_inv

Dous Récords de España e numerosas medallas de nadadores de clubes galegos no XXV Campionato de España OPEN de natación máster de inverno disputado na piscina Rías do Sur de Pontevedra.

Alberto Taboada Vila do C. N. Pabellón Ourense, ademais de acadar o primeiro posto, bateu o Récord de España +35 na proba de 200 costas.

Iván Claudio Fernández Novoa do C. N. Traviesas, tamén ademais de acadar o primeiro posto, bateu o Récord de España +30 na proba de 100 bolboreta.

Ademais, moitos nadadores de clubes galegos acadaron medallas nas diferentes probas e categorías:

Ramón Sánchez (C. N. Rias Baixas), Ramón Folch (CN Arteixo), Ángela Gómez (CN Traviesas), Fernando Bordallo (S. D. Hípica), Marta Prado (Real C. Náutico Vigo), Verónica Varela (C. N. Ponteareas), Francisco Cobelo (C. N. Ponteareas), Juan Fernández (C. N. Riveira), Fernando Suanzes (S. D. Hípica), Ana González (Real C. Náutico Vigo), Celia Iglesias (C. N. Máster Mos), Andrea González (C. N. Riveira), Marcelino Jorge (C. N. Máster Mos), Francisco J. Otero (C. N. Galaico), Alejandro Ros (C. N. Traviesas), Francisco Araujo (C. N. Ponteareas), Mª Cristia García (C. N. Pabellón Ourense), Isabel Moral (C. N. Traviesas), David Rodríguez (C. DEP. N. Cidade Santiago), Mª Teresa Celemín (C. N. Galaico), Xenia Vilariño (C. N. Galaico), Antonio López (C. N. Glaico), Marta González (C. N. Pontearaes), Ana Mª Balado (C. N. Pabellón), Héctor Pérez (C. N. Portamiñá), Santiago Fernández (C. N. Portamiñá), Cristina García (C. N. Galaico), Juan Carlos Yáñez (S. D. Hípica), Constante Pérez (C. N. Traviesas), Javier Santamarina (C. N. Traviesas).

Acceso á web dos resultados.