Óscar Montes, bronce no Europeo Júnior de Wáter-polo

20180903_wat_cto_eur

O xogador galego Óscar Montes, acadou unha nova medalla internacional, esta vez de bronce, no Campionato de Europa de Wáter-polo Júnior Masculino disputado en Minsk (Bielorrusia). Despois de perder nas semifinais diante de Montenegro na quenda de penaltis, a Selección Española disputou o bronce contra Croacia, vencendo por un axustado 9-8.