Circuíto Galego de Augas Abertas

O mércores disputouse a XXV Travesía Praia de Coroso en Riveira, sétima proba do Circuíto Galego de Augas Abertas, na que os vencedores foron Gaspar Andrade do CN Arzúa e Soraia Ribeiro do CN Riveira, acompañados no podio por Hugo Ribeiro e Iván Brión os dous do CN Riveira en categoría masculina e Ana Veiga do C del Mar e Laura Rodríguez do CN Ponteareas en categoría feminina.

En máster os gañadores foron: Elisa Pichel do AD Fogar (M1), Mª José Regueira do CN Riveira e Diego Sotelo do USC (M2), Nancy Louise Frey do CN Riveira e Rudy Carlos Palamedi do AD Fogar (M3).