Xornada 2 do Cto. de España de Natación Infantil de Verán

20180727_nat_paula_raquel_carla

Catro novas medallas na segunda xornada do XL Campionato de España de Natación Infantil de Verán

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo proclamouse de novo, e hoxe por partida dobre, campioa de España. A primeira das medallas de ouro foi en 800 libre (14 anos) cun tempo de 9:02.13, e a segunda en 400 estilos cun tempo de 5:06.92.

Raquel Cando Santos do C. N. Portamiñá foi terceira en 800 libre (15 anos) cun tempo de 9:08.83.

Carla Faro Martínez do C. N. Ponteareas foi terceira en 400 estilos (15 anos) con 5:04.50.

Outros nadadores finalistas foron:

Amalia Blas Rodríguez do C. N. Liceo foi cuarta en 800 libre (14 anos) con 9:09.58.

Igor Arce Rodrígez do C. D. N. Cidade de Santiago foi 10º en 200 bolboreta (16 anos) con 2:10.66 en eliminatorias.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo foi quinta en 200 costas (14 anos) con 2:26.10, e tamén quinta en 100 libre con 1:00.16.

Rosalía Marín Martínez do C. N. Coruña foi 8ª en 200 costas (14 anos) con 2:28.20.

Patricia Barbier Urcullu do Real C. Náutico de Vigo foi 9ª en 200 costas (15 anos) con 2:25.36 en eliminatorias.

Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD foi 9º en 100 braza (15 anos) con 1:10.57 en eliminatorias.

Eva Feijoo Gómez do C. N. Pabellón Ourense foi 9ª en 100 libre (14 anos) con 1:01.13.

Sara Vázquez Sánchez do C. N. Liceo foi 5ª en 400 estilos (14 anos) con 5:16.24.

Acceso á web do campionato.