A nadadora Paula Otero Fernández do C. N. Liceo acadou catro medallas e dúas Mellores Marcas Galegas de 14 anos durante a disputa da XXVI Mediterranean Swiming Cup (COMEN) disputada en Limassol (Chipre).
Na proba de 800 libre foi segunda cun tempo de 9:06.96.
En 400 libre foi terceira cun tempo de 4:23.42, establecendo unha nova MMG de 14 anos.
Como integrante dos equipos de remudas, acadou dúas medallas máis: en 4X200 libre foron segundas e ademais, nadando a primeira posta estableceu unha nova MMG de 14 anos en 200 libre con 2:08.85. En 4x100 libre, o equipo español tamén acadou a segunda posición.
Nas outras probas nas que participou individualmente foron 400 estilos na que cun tempo de 5:07.70 acadou a cuarta posición e en 200 bolboreta foi quinta con 2:25.03.