Ane de la Fuente, Amalia Blas, Pablo Cabana e Pablo Galán, co equipo nacional de augas abertas

As nadadoras do CN Liceo Ane de la Fuente Fiaño e Amalia Blas Rodríguez e os nadadores Pablo Cabana del Amo do CN Ponteareas e Pablo Galán Vicente do C del Mar e bolseiro do CGTD, están convocados para participar nunha concentración co equipo nacional de augas abertas que terá lugar en Los Alcázares (Murcia) do 19 ao 24 de maio.

A esta concentración tamén están convocados Luisa Domínguez, adestradora do CGTD e Jesús de la Fuente, adestrador do CN Liceo, como integrantes do cadro técnico.