O CN Liceo proclamouse na piscina Carballo Calero de Carballo, Campión Galego de Longa Distancia en piscina, seguido do C del Mar e do CN Ponteareas.
A nivel individual, María de Valdés Álvarez do CN Liceo e Manuel Davila Lustres do CN Riveira, proclamáronse Campións Galegos Absolutos de 3000 libre.