Cto. de España de Natación Absoluto e Júnior de Verán OPEN - Xornada 4

20170804_nat_cto_esp_alba

Unha nova medalla de categoría júnior nesta cuarta xornada, conseguida por Alba Gómez Mesías do CN Arteixo e bolseira do CGTD que se proclamou por segunda vez campioa de España júnior (17 anos) nesta ocasión en 200 braza cun tempo de 2:38.29.

Outros nadadores galegos finalistas foron:

Laura Rodríguez Novoa do CN Ponteareas, oitava en 800 libre feminino júnior (17 anos) con 9:20.33.

Manuel Dávila Lustres do CN Riveira, décimo en 400 libre de categoría absoluta con 4:01.42.

Caroline Oster Luque do RCN Vigo, posto 13 en 100 libre de categoría absoluta con 58.94.

Clara Otero Pérez do CN Galaico e bolseira do CGTD, sexta en 100 libre de categoría júnior (17 anos) con 58.31.

Marc Ciurana Roca do CN galaico, posto 13 en 200 braza de categoría absoluta con 2:23.46.

David González García do CN Pabellón Ourense, oitavo en 200 braza de categoría júnior (17 anos) con 2:27.93 nas eliminatorias.

Iria González Vázquez do CN Liceo, sexta en 200 costas de categoría júnior (17 anos) con 2:25.81.

María Barbier Urcullu do RCN Vigo foi sétima en 200 costas de categoría júnior (16 anos) con 2:27.06 nas eliminatorias.

Acceso á web do campionato.