V Cto. de España de Natación Alevín - Xornada 3

20170721_nat_cto_esp_alev_paula_otero_pablo_cabana

Dúas novas medallas e dúas mellores marcas galegas, o máis destacado da terceira xornada do Campionato Alevín.

Paula Otero Fernández do CN Liceo proclamouse novamente campioa de España, esta vez en 200 bolboreta de 13 anos con 2:22.85 establecendo unha nova MMG.

Pablo Cabana del Amo do CN Ponteareas acadou unha nova medalla, esta vez ao proclamarse subcampión de España en 200 bolboreta de 13 anos cun tempo de 2:21.79.

Hugo Borrallo Castelo do CN Liceo foi cuarto en 200 bolboreta de 14 anos con 2:15.95, establecendo unha nova MMG.

Outros nadadores finalistas foron:

Sergio Losada Jiménez do CN Ferrol foi cuarto en 200 bolboreta de 13 anos con 2:25.02.

Bruno Picallo Marante do CN Coruña foi sexto en 200 bolboreta de 13 anos con 2:25.80.

Julia Rodríguez Alonso do RCN Vigo foi sexta en 200 bolboreta de 12 anos con 2:39.55.

Carla Carrión Muiña do CN Arzúa foi oitava en 100 braza de 12 anos con 1:23.18.

O equipo de remudas 4x100 libre feminino do CN Liceo foi sexto con 4:18.56.

Acceso á web do campionato.