Liga Galega de Clubes de Natación - O CN Galaico Campión

O CN Galaico proclamouse Campión da Liga Galega de Clubes na División de Honra seguido do CN Pabellón Ourense e CN Ferrol. Nesta división, no grupo pola permanencia, o C del Mar mantén a categoría mentres que CN Arteixo e CN Liceo, descenden a primeira división.

Na primeira división o campión foi o CN Portmaiñá Lugo que acada o ascenso a división de honra xunto co C Fluvial Lugo que foi segundo. Terceiro foi o CN Coruña. No grupo pola permanencia, o CDN Cidade de Santiago mantén a categoría mentres que ADN Narón e CN Ponteareas, descenden a segunda división.

Na segunda división o campión foi o CN Riveira que xunto co RCN Vigo que foi segundo, ascenden a primeira división. O terceiro posto foi para o CN Xove. No grupo pola permanencia, o CN Arzúa mantén a categoría mentres que CN Redondela e C Marina Ferrol descenden a terceira división.

En terceira división o campión foi o CN Monforte que acada o ascenso a segunda división xunto co CN Rias Baixas que foi segundo. Terceiro foi o AD Fogar. No grupo pola permanencia, o primeiro foi o USC, seguido do AD Tri Oleiros, CN Cedeira, CN Mos e CN Salnés.

{lc id#1734#Ler máis.}