Aclaracións do procedemento de solicitude de licenzas

Procedemento xeral

As licenzas procésanse en lotes semanais, ditos lotes van de xoves a mércores.

As licenzas solicitadas procésanse ao día seguinte de rematar o período do lote, enviando dito día o correo coas instrucións para a realización do ingreso.

En base ás transferencias recibidas que constan expresamente na conta bancaria da FEGAN até o mércores, as licenzas acéptanse o xoves (día seguinte). Só se terán en conta as transferencias que consten recibidas na conta bancaria da FEGAN, polo que non se enviará o comprobante a non ser que sexa requirido de xeito expreso.

As licenzas só se aceptan os xoves.

É importante ter en conta que o prazo para que unha licenza solicitada sexa aceptada pode ser de 8 a 14 días en función do día que se solicite.

Os prazos poden verse alterados no caso de que xoves ou venres cadren a festivo.

Exemplo 1:

Un clube solicita 5 licenzas o xoves (primeiro día do lote).
Esas licenzas serán procesadas o xoves seguinte (neste caso 7 días despois) porque o lote vai de xoves a mércores.
O día no que se procesan as licenzas o clube recibe o correo coas instrucións para o ingreso.
A transferencia consta na conta da FEGAN todo máis o seguinte mércores despois de recibir o correo coas instrucións.
O xoves seguinte a enviar o correo coa conta as licenzas serán aceptadas.
Tempo total en ser aceptadas: 14 días.

Exemplo 2:

Un clube solicita 5 licenzas o mércores (ultimo día do lote).
Esas licenzas serán procesadas o xoves seguinte (neste caso o día seguinte) porque o lote vai de xoves a mércores, o día que se procesan as licenzas o clube recibe o correo coas instrucións para o ingreso.
A transferencia consta na conta da FEGAN todo máis o seguinte mércores despois de recibir o correo coas instrucións.
O xoves seguinte a enviar o correo coa conta as licenzas serán aceptadas.
Tempo total en ser aceptadas: 8 días.

Notas finais:

Mentres que unha licenza non está aceptada non ten seguro deportivo.

No caso de solicitudes de licenza de persoas que veñan doutra federación territorial, será preciso solicitar o cambio de clube desde o SDP e contactar coa RFEN para que acepte dito cambio, a data de solicitude da licenza será a data na que a RFEN acepte a licenza.

Ante calquera discrepancia do aquí indicando co indicado nas circulares, prevalecerá o das circulares.