Rematou a segunda e derradeira xornada do Cto. Galego de Natación Alevín de Verán que se celebrou en Cervo na piscina Municipal durante os días 2 e 3 de xullo de 2016.
O Club Natación Portamiñá Lugo proclámase campión galego alevín de verán.
Na clasificación masculina o gañador foi tamén o Club Natación Portamiñá Lugo e o gañador da clasificación feminina foi o Club Natación Liceo.
Clasificacións do Campionato Alevin:
Feminina:
1. C.N. LICEO 370.
2. C.N. PORTAMIÑA LUGO 282.
3. C.N. PONTEAREAS 225.
Masculina:
1. C.N. PORTAMIÑA LUGO 329.
2. C.N. CORUÑA 275.
3. C.N. GALAICO 217.
Conxunta:
1. C.N. PORTAMIÑA LUGO 611.
2. C.N. LICEO 564.
3. C.N. GALAICO 402.























