Unha vez rematado o Campionato de España de Wáter-Polo Infantil por Comunidade Autónomas, realízase unha concentración nacional con 2 xogadores e 2 xogadoras de cada selección. Durante 2 días terán a oportunidade de adestrar cos mellores de cada comunidade, así como de aprender de grandes adestradores. Será unha experiencia moi produtiva.
As xogadoras galegas que participarán son Irene Esteban Teijeira e Uxía Ferreira Castellels do CWG Pontevedra, mentres que en rapaces son Alejandro Gómez Neiro do CW Santiago e Pedro Rico Fernández do CN Coruña. Como integrante do corpo técnico estará a adestradora Sara Fernández Moreno do CN Coruña.