O CN Máster Mos proclamouse este fin de semana en Ponteareas, Campión Galego Máster de inverno en categoría conxunta. Na categoría feminina o gañador foi o CN Portamiñá e na categoría masculina o CN Traviesas.
Os trofeos para os nadadores de maior idade foron para Celia Iglesias Blanco do CN Máster Mos e para Luis Gómez Sanmartín do C Fluvial de Lugo.