III BWMF de Wáter-polo

20150902_wat_rcnv

Do 30 de agosto ao 1 de setembro celebrouse a 3ª edición do prestixioso torneo de Waterpolo Be Water My Friend en Lloret del Mar. Nesta ocasión, e por primeira vez, unha equipo Galego, o Real Club Náutico de Vigo, participou cun equipo infantil. Este campionato de wáter-polo reuniu a 21 equipos de distintos puntos da xeografía nacional e internacional, con equipos croatas, húngaros e italianos.

O RCN Vigo quedou encadrado no grupo A, xogando contra o CN Barcelona (derrota 10-5), CN Terrassa (derrota 9-6), Arechi Salerno (derrota 18-7) e Scottish Water Polo (vitoria 15-3), obtendo un 4 posto de grupo que lle levaba a xogar polas posicións 9-16, en primeiro lugar contra o WPC Kaposvár (Hungría) (derrota 9-7), contra o Gersan Helios (vitoria 12-10), e enfrontándose no seu final particular de novo (xa xogaron na fase de grupos) contra o CN Terrassa pola prazas 13-14, perdendo por un axustado 7-6 e obtendo unha meritoria 14º posición sobre 21.

O RCN Vigo conseguiu a única e xa que logo mellor clasificación dun equipo Galego nun Campionato destas características, ademais de realizar un magnífico campionato enfrontándose a equipos de moito nivel no ámbito estatal e internacional.

Web do campionato.