O CN Ferrol, Campión da Copa Galega de Natación Benxamín

20150614_copa_gal_benx

O CN Ferrol proclamouse Campión da Copa Benxamín de natación por diante do CN Portamiñá que foi segundo e do C Marina Ferrol terceiro, na competición disputada na piscina do CD Javier Gómez Noya, entre os oito primeiros clubes clasificados na Liga da categoría.

No grupo de clubes clasificados do 9º ao 16º posto, disputado na piscina de Riazor en A Coruña, o vencedor foi o CN Coruña, seguido do CN Pabellón Ourense e o CN Vigo Rias Baixas.

Ler máis.