Copa Fanáticos de WáterPolo

20150609_wat_copa_fanaticos

A pasada fin de semana 6-7 xuño celebrouse o prestixioso torneo Copa Fanáticos na súa terceira edición. Este campeonato de wáter-polo reuniu a equipos da maioría de Comunidades Autónomas i é considerado como o "Campionato de España de Wáter-Polo Alevín non oficial". Nesta ocasión, e por segunda vez participaron dous equipos galegos, o Club Marina Ferrol e o Club Waterpolo Galaico Pontevedra.

O Club Marina Ferrol quedou encadrado no grupo A, xogando contra o CW Sevilla (derrota 6-4), CN Cataluña (derrota 8-4) e Escuela M-86 (derrota 3-4), obtendo un posto que lle levaba a xogar polas posicións 17-32 contra o CN Cuatro Caminos (vitoria 4-7), contra o CW Dos Hermanas (vitoria 8-3) , Escuela Waterpolo Zaragoza (derrota 3-4), e enfrontándose na súa final particular contra o CN Caballa polas posicións 19-20, perdendo 5-2 e obtendo así unha posición de 20 sobre 32.

Pola súa parte, o CW Galaico Pontevedra quedou encadrado no grupo H, xongando contra o Maristas de Bilbao (vitoria 1-6), UE Horta (derrota 5-4) e AR Conceptción (vitoria 5-1), obtendo un segundo posto que lle levaba a xogar polas posicións 1-16 contra o CNA Barceloneta (derrota na prórroga 5-4), contra o Leios WLB (vitoria 0-5), Askartza (derrota 4-2) i enfrontándose na súa final particular contra o CN Minorisa polas posicións 11-12, gañando por 4-1 e obtendo así unha posición 11 sobre 32.

O CW Galaico Pontevedra conseguiu a mellor clasificación dun equipo Galego nun Campionato destas características e recibiu o premio ao equipo revelación.