Laura Pimentel Pérez do CN Pabellón Ourense e Cristian Fernández Niento do CN Galaico campións do XI Circuíto Galego de Augas Abertas, Travesías a nado 2014 na categoría deportistas e Esther Valiño Gómez do CN Portamiñá Lugo e Diego Sotelo Fernández do USC campións na categoría máster.
A pasada fin de semana celebráronse as derradeiras travesías do circuíto, Travesía a nado Concello do Son e a Travesía a nado Vila de Caión, ámbalas cun percorrido de 2500 metros sendo esta última a encargada de pechar o circuíto.
En canto ás clasificacións os postos máis destacados foron:
Categoría deportistas feminina:
- 1 PIMENTEL PEREZ, LAURA do CNPOURENSE con 221 puntos.
- 2 GOYANES GARCIA, PAULA do CNGALAICO con 150 puntos.
- 3 GONZALEZ EIROA, IRENE do CNCORUÑA con 137 puntos.
Categoría deportistas masculina:
- 1 FERNANDEZ NIETO, CRISTIAN do CNGALAICO con 188 puntos.
- 2 CARRERA COSTAS, MARTIN do CNPONTEAREAS con 173 puntos.
- 3 COSTA FERNANDEZ, LUCAS do CNPONTEAREAS con 145 puntos.
Categoría máster feminina:
- 1 VALIÑO GÓMEZ, ESTHER do CNPORTAMIÑA con 195 puntos.
- 2 TRONCOSO GONZALEZ, VERONICA do CNPONTEAREAS con 151 puntos.
- 3 FERREIRA GONZALEZ, MARIA do MASTER MOS con 136 puntos.
Categoría máster masculina:
- 1 SOTELO FERNÁNDEZ, DIEGO do USC con 181 puntos.
- 2 NOMDEDEU RODAL, DANIEL do CTRAVIESASN con 175 puntos.
- 3 RODRÍGUEZ MIGUÉLEZ, DIEGO do CN ARTEIXO con 138 puntos.