María Vilas, Campioa de España Júnior e Mellor Marca Nacional de 18 anos en Mataró.
María Vila Vidal do CN Riveira e bolseira do CGTD, proclamouse Campioa de España Júnior de Longa Distancia en piscina, establecendo ademais unha nova Mellor Marca Nacional de 18 anos na proba de 5000 libre cun tempo de 57:15.80.
Outros nadadores de clubes galegos que acadaron resultados entre os 10 primeiros foron:
- Mara Vélez Mellado do CN Pabellón, 5º posto en 3000 libre feminino infantil.
- Julio Pardo Ripoll do AD Liceo, 7º posto en 3000 libre masculino infantil.
- Itziar Aranguren Abeigón do CN Galaico, 6º posto en 5000 metros júnior.
- Aitor Carneiro Viqueira do AD Liceo, 9º posto en 5000 metros júnior.
- Iria García Pardavila do CN Galaico, 8º posto en 5000 metros senior.
- Marc Ciurana Roca do CN Pabellón, 5º posto en 5000 metros sénior.
- Christian Fernández Nieto, do CN Galaico, 7º en 5000 metros sénior.