O Club Natación Galaico proclámase campión galego absoluto.
Catro récords galegos e 13 mellores marcas galegas na terceira e última das tres xornadas do Cto. Galego de Natación Absoluto de Inverno que se celebrou en Ferrol no Complexo Deportivo Javier Gomez Noya os días 27, 28 e 29 de decembro de 2013.
Nesta xornada batéronse os seguintes records e mellores marcas:
Records Galegos.
- Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico en 50 libre con 25.81 (no parcial da remuda de 4x50 libre).
- Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico en 200 costas con 2:12.60.
- Marc Ciurana Roca do CN Pabellón Ourense en 400 estilos con 4:23.87.
- Beatriz Gómez Cortés do CN Galaico en 200 bolboreta con 2:12.91.
Mellores Marcas.
- Alejandro Passaretti Pereira do C Cidade Santiago MMG 15 anos en 50 libre con 24.46 (no parcial da remuda de 4x50 libre).
- Iria Rodriguez Huertas do RCN Vigo MMG 14 anos en 50 libre con 27.51.
- Julio Pardo Ripoll do AD Liceo MMG 14 anos en 1500 libre con 16:27.86.
- Xabier Carneiro Viqueira do AD Liceo MMG 13 anos en 1500 libre con 16:44.76.
- Pablo Valcarce Domínguez do CN Monforte MMG 14 anos en 200 costas con 2:12.67.
- Ane de la Fuente Fiaño do AD Liceo MMG 12 anos en 800 libre con 9:17.55.
- Beatriz Cons Gestido do CN Galaico MMG 13 anos en 800 libre con 9:20.82.
- Alejandro Passaretti Pereira do C Cidade Santiago MMG 15 anos en 200 libre con 1:55.84 (no parcial da remuda de 4x200 libre).
- Xabier Carneiro Viqueira do AD Liceo MMG 13 anos en 200 libre con 2:06.55 (no parcial da remuda de 4x200 libre).
- Alejandro Passaretti Pereira do C Cidade Santiago MMG 15 anos en 100 libre con 53.35.
- Julio Pardo Ripoll do AD Liceo MMG 14 anos en 200 bolboreta con 2:13.46.
- Tomás Manso Fraga do C Marina Ferrol MMG 14 anos en 200 bolboreta con 2:10.10.
- Irene Fernandez Pardo do CN Ponteareas MMG 12 anos en 200 bolboreta con 2:33.00.
En canto ás clasificacións por clubes, o Club Natación Galaico lidera a clasificación conxunta absoluta.
Clasificacións do Campionato Absoluto:
Feminina:
1. C. NAT. GALAICO 27166.
2. C. NAT. PABELLON OURENSE 23911.
3. C. NATACION CORUÑA 20040.
Masculina:
1. C. FLUVIAL DE LUGO 23530.
2. C. NAT. PABELLON OURENSE 23110.
3. C. NATACION FERROL 22840.
Conxunta:
1. C. NAT. GALAICO 48843.
2. C. NAT. PABELLON OURENSE 47021.
3. C. NATACION FERROL 39919.