XXIII Campionato de España Máster de Verán OPEN.

Do 12 ao 15 de xullo disputouse en Valencia o XXIII Campionato de España Máster de verán OPEN, no que os resultados máis destacados de nadadores de clubes galegos, foron os seguintes:

  • Maite García Colomo, do CN Pabellón Ourense, cinco primeiros postos con un Récord de Europa en 200 libre, e dous Récords de España, en 400 libre e 200 estilos. As outras medallas de ouro foron en 100 costas e 100 bolboreta.
  • Elisabeth Geibel do CN Traviesas con catro medallas de ouro en 50 bolboreta, 50 costas, 50 e 100 libre.
  • Liliana Barja Barja do CN Traviesas, con duas medallas de ouro en 200 e 50 costas, unha prata en 100 costas e bronce en 1500 libre.
  • Cristina García Colomo do CN Pabellón Ourense, ouro en 1500 e 400 libre, prata en 200 estilos e 50 libre, bronce en 400 estilos.
  • Carmen Salgueiro Lorenzo do CN Máster Mos, ouro en 200 bolboreta
  • Angela Gomez Doval do C Fluvial de Lugo, prata en 100 libre, 200 estilos e 200 braza, bronce en 50 bolboreta e 1500 libre
  • Ana González Alegre do CN Galaico, prata en 50 libre e bronce en 50 bolboreta.
  • Manuel García Colomo do CN Pabellón Ourense, ouro en 1500 libre e 200 bolboreta, prata en 100 bolboreta, 400 libre e 400 estilos.
  • Oscar Soto Hector do CN Traviesas, ouro en 100 braza, prata en 200 e 50 braza
  • Carlos García Colomo do CN Pabellón Ourense ouro en 200 libre e prata en 400 libre.
  • Fernando Suances Perez do SD Hípica, prata de 50 bolboreta, bronce en 100 e 200 bolboreta.
  • Héctor Pérez Arias do CN Portamiñá Lugo, bronce en 1500 e 400 libre.
  • Josué Pazos Alonso do CN Redondela, bronce en 200 braza.
  • Manel Rodriguez Yañez do CN Galaico, bronce en 50 libres.
  • En remudas, tres primeiros postos do CN Pabellón Ourense formado polos catro irmáns García Colomo: Maite, Cristina, Manuel e Carlos, en 4x100 (con Récord de España) e 4x50 libre mixto, e 4x50 estilos mixto.

Ler máis.