Porto Internacional Meeting - Profesor Rui Moreira de WP

20260922_wat_wps

Do 25 ao 27 de setembro terá lugar o Porto Internacional Meeting - Profesor Rui Moreira de WP na piscina do Clube Fluvial Portuense.

Galicia participará con 13 deportistas da categoría infantil de distintos clubes galegos. No equipo técnico Andrés Pérez e Xavier Pérez.

Regulamento

convocatoria

Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas

20260922_nat_clas_luso

Clasificación final do I Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas.

Resultados.

Copa de Europa Augas Abertas

20260425_nat_mateo

Mateo García de CN Arteixo, convocado co equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas para participar na 4ª etapa da Copa de Europa de Augas Abertas - European Aquatics 2026.

Disputarase en Moll de Bosch i Alsina, Barcelona o 3 de outubro.

convocatoria

I Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas

20260920_nat_chicas

20260920_nat_chicos

A 5º e última etapa, Douro Bridges Porto & Gaia Open Water, I Circuíto Luso Galaico de Augas Abertas disputouse este domingo na praia contígua ao Douro Marina en Vila Nova de Gaia. Alba Ortiz de Guinea de CN Ponteareas e Xoel Cubeiro de CN Liceo, rematan terceiros este circuíto.

Resultados da etapa

Equipo Nacional absoluto de Natación Artística

20250710_art_dani

A nadadora de CNA Galaico Pontevedra, Daniela Suárez, convocada co Equipo Nacional absoluto de Natación Artística para formar parte da concentración que se celebrará do 23 ao 29 de setembro en San Juan, Puerto Rico.

convocatoria

Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas

20260916_nat_luso

Clasificación despois da 4ª etapa do I Circuíto Luso-Galaico de Augas Abertas.

Resultados.

Campionato de Europa de Natación Paralímpica

20260914_nat_disca

Bos resultados dos tres nadadores pertencentes a FEGAN no Campionato de Europa de Natación Paralímpica de Kocaeli (Turquía)

Jacobo Garrido (CN Panas), ouro en 400 libre S9 e prata en 100 bolboreta S9 e 4x100 libre

Hugo Mera (CN Arzúa), bronce en 50 libre S10. adestra en Vigo grazas ao convenio asinado pola FEGAN con Instito Deportivo

Juán Ferrón (CN Mos), 4º en 400 libre S13, 6º en 200 estilos S13 e 6º en 100 bolboreta, 100 braza e 8º en 50 libre en S12

XXII Circuíto Galego Arzúa-Ulloa DOP de Augas Abertas

20260913_nat_etapa

Hoxe, disputouse no Porto Deportivo de Ribeira a 10ª etapa e última do XXII Circuíto Galego Arzúa-Ulloa de Augas Abertas e 4ª do Circuíto Luso Galaico.

Clasificación da etapa:

1º- Francisco Amaral e Beatriz Cardeal (ANNP)

2º - Bruno Silva e Joana Cardeal (ANNP)

3º - Xoel Cubeiro (CN Liceo) e Alba Ortiz (CN Ponteareas)

Resultados.

20260913_nat_equipo

20260913_nat_master

Os gañadores do Circuíto Galego foron Xoel Cubeiro (CN Liceo) e Alba Ortiz (CN Ponteareas). Na clasificación por clubs, CN Ponteareas gañador da categoría Élite e Máster.

20260913_nat_circuito

20260913_nat_clasificacion

Resultados.

XXII Circuíto Galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas

20260913_nat_mino

Alba Maestro de Atl.Barceloneta e Iván Díaz de CN Portamiñá, gañadores da 9ª etapa do XXII Circuíto Galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas, II Travesía Praia de Miño.

XXII Circuíto Galego DOP Arzúa-Ulloa de Augas Abertas

20260909_nat_desafio

O XXII Circuíto Galego DPO Arzúa-Ulloa de Augas Abertas chega ao seu fin este domingo despois de 10 etapas. A última será en Ribeira, no porto deportivo, co Desafío Fegan.

Esta etapa pertence ao circuíto galego e tamén é a cuarta do circuíto Luso Galaico. Contarase co mellor da natación galega e coa presenza da olímpica Angélica Angé e mais do internacional Francisco Amaral, da ANNP.

A presentación tivo lugar esta mañá nas instalacións do Porto Deportivo de Ribeira. Estiveron: María José Sampedro, alcaldesa de Ribeira; Jose Luis Torras Colomer, presidente do Club Náutico Ribeira ; Álex Vidal, concelleiro de deportes e Juan Carlos Brión, presidente da FEGAN

20260909_nat_carteldesafio

Toda a información.