Campionato Galego Universitario de Natación 2024

O vindeiro 29 de febreiro na Piscina Universitaria de Santiago de Compostela, disputarase o Campionato Galego Universitario de Natación 2024. Dará comezo as 11:30 horas. A competión estará organizada pola USC e conta coa colaboración da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Federación Galega de Natación e Club Deportivo Natación Cidade de Santiago.

20240226_nat_universitario.jpg

Na presentación do Campionato, que tivo lugar no Salón de Graos do Colexio de San Xerome, interviñeron José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia; Antonio Leira Piñeiro, deputado provincial de Deportes da Deputación da Coruña; Pilar Lueiro García, concelleira de Deportes de Santiago de Compostela; Juan Carlos Brión Lema, presidente da Federación Galega de Natación; e José Rioseco Díaz, presidente do Club Natación Cidade de Santiago.

Daranse cita un total de 44 nadadoras e 35 nadadores. De entre o conxunto de participantes 30 proceden da USC, 22 da UDC e 27 da UVigo. O campionato constará de dez probas da categoría absoluta feminina, outras dez da absoluta masculina, e dúas de remudas mixtas.

20240226_nat_carteluniversitario.jpg