Campionato Galego Natación Artística de Inverno

20240208_art_presentacion.jpg

O Club Natación Sincro Ourense e a Federación Galega de Natación organizan o fin de semana do 17-18 de febreiro, en colaboración co Consello Municipal de Deportes e do Concello de Ourense, o Campionato Galego de Inverno de Natación Artística, na piscina Rosario Dueñas. Terá lugar en 4 sesions de mañá e tarde. Pola mañá a partir das 9:30 horas e pola tarde das 15:00 horas.

A presentación tivo lugar no Salón de plenos do Concello de Ourense. Acudiron Beatriz Montes, Directora Técnica do club; Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense; Alba Lojo, Vicepresidenta do Club Sincro Ourense. e Anibal Pereira, Concelleiro de Deportes de Ourense.

Participarán máis de 120 deportistas de 7 clubs galegos das categorías alevín, infantil, júnior e sénior

20240208_art_cartel.jpg

Horarios