A ANNP e a FEGAN asinan un protocolo de colaboración

20221113_wat_convenio

A Asociación de Natación Norte de Portugal (ANNP) e a Federación Galicia (FEGAN) asinaron, este domingo, un protocolo de colaboración para a organización do Torneo Luso-Galaico Sub-20 de Waterpolo Feminino que comezou hoxe na Piscina Municipal do Pazo de Ferreira.

O acordo foi asinado polo presidente de ANNP, Nuno Recarei, e polo presidente da FEGAN, Carlos Touriño. O acto contou coa presenza do concelleiro de Deportes do concello pacense, Júlio Morais.

A competición, que se desenvolve entre os equipos do Clube Aquático Pacense, o Clube Fluvial Portuense e as Seleccións Sub-17 e Sub-20 de Galicia, prolongarase ata o 23 de abril de 2023.

20221113_wat_sele

Hoxe disputáronse as 2 primeiras xornadas entre os equipos portugueses e galegos. Os resultados foron: Clube Aquático Pacense - Galicia Sub-20, 6-16; Clube Fluvial Portuense - Galicia Sub-17, 13-11 e Galicia Sub-17- Galicia Sub-20, 10-13.

A próxima cita será en Pontevedra o 10 de decembro.