Campionato Galego de Natación Infantil de Verán

20220710_nat_cto_gal_total

Remata o Campionato Galego de natación Infantil que se disputou na piscina municipal de Cervo esta fin de semana. O gañador do campionato foi o CN Portamiñá.

Destacar a Mellor Marca Galega de 15 anos en 200 costas masculino batida por Sergi Navarro Losada do CN Ferrol con un tempo de 2:10.47 e a de 100 costas que volveu a batir hoxe na primeira posta do 4x100 estilos cun tempo de 1:00.62.

As clasificacións por clubes son as seguintes:

Clasificación feminina:

20220710_nat_cto_gal_portachicas

1º CN Portamiñá con 400 puntos, 2º CN Galaico con 311 puntos, 3º CN Culleredo con 246 puntos.

Clasificación masculina:

20220710_nat_cto_gal_ferrolchicos

1ºCN Ferrol con 423 puntos, 2º CN Pabellón Ourense con 298 puntos, 3º CN Portamiñá con 267,5 puntos.

Clasificación total:

1º CN Portamiñá con 667,5 puntos, 2º CN Ferrol con 639 puntos, 3º CN Galaico con 567 puntos.

Acceso á web de resultados