Campionato Galego de Natación Infantil de Verán

20220706_nat_presentacion_cervo

O Club Natación Xove fixo a presentación do Campionato Galego de Natación Infantil de veran na piscina Municipal de Cervo, ao acto asistiu Alberto Pigueiras (Presidente de C.N. Xove), Carlos Touriño (Presidente da FEGAN), Alfonso Villares (Alcalde de Cervo), David Rodríguez (Concelleiro de Deportes de Cervo), Cristina Iglesias (Concelleira de Deportes de Xove) e Dolores Meitín (Concelleira de Cultura de Cervo) .

O Campionato contará coa participación de 27 clubs galegos e un total de 234 participantes durante o sábado e o domingo, as sesións de mañá darán comezo as 10:00 h. e as de tarde as 17:00 h.

20220706_nat_cartel_cervo