Clínic Cidade de Pontevedra de Natación Artística

20220118_art_clinic_cartel

20220118_art_clinic

A pasada fin de semana tivemos o pracer de ter en Pontevedra a Vlada Chigireva, bicampioa Olímpica e que conta no seu palmarés cun total de 26 ouros en Campionatos Mundiais e Europeos nos últimos 12 anos.

O Clínic Cidade de Pontevedra de Natación Artística organizado polo Concello de Pontevedra, Club Galaico Sincro e a empresa AtlanticMeet tivo tres sesións. O sábado pola mañá a nadadora Olímpica realizou unha sesión de preparación física en seco e técnica dentro da auga coas nadadoras bolseiras do CGTD (Branca Fidalgo, Iria Fernández, Estela Ojea e Antía Blanco) e as nadadoras externas do programa Especial de Tecnificación (Daniela Fernández, Helena López, Paula Carballeda, Nayeli Faro e Antía Riveiro), así como o nadador masculino absoluto do Club Galaico Sincro Juan David Hernández. O domingo pola mañá continuou co mesmo grupo de deportistas o traballo do día anterior, e ás 12:30 as nadadoras do Galaico Sincro e do Club Sincro Pontevedra tiveron a oportunidade de compartir unha MasterClass con Vlada e gozar dunha pequena demostración de só que nos fixo vibrar de emoción.

Durante a tarde do domingo, organizouse unha mesa redonda coa galardoada deportista na que nos ensinou o seu crecemento como deportista e como persoa.