María de Valdés, Paula Otero e Carla Carrón co Equipo Nacional en Amberes

As nadadoras María de Valdés Álvarez do C.N. Liceo, Paula Otero Fernández do C.N. Arteixo e Carla Carrón Muiña do C.N. Arzúa están covocadas para participar na Flanders Swimming Cup que se disputa es días 22 e 23 de febreiro en Amberes (BEL).

María e Paula, como integrantes do Equipo Nacional Absoluto, participan nas probas de 400 libre, 800 libre e 400 estilos no caso de María e 200 bolboreta, 200, 400 e 800 libre no caso de Paula.

Carla, que forma parte do Equipo Nacional Júnior, participará en 100, 200, 400 e 800 libre.

Miguel Martínez Novoa, ex nadador do RCN Vigo, agora nas filas do Real Canoe, está convocado co Equipo Absoluto para participar en 100 e 200 bolboreta.

A esta competición tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora de natación do CGTD como integrante do cadro técnico.