Cto España de Figuras Infantil y Rutínas Técnicas Júnior

20211128_art_cto_esp_helena

Tres nadadoras galegas entre as 20 primeiras do Cto de España de Figuras infantil dun total de 252 participantes.

Helena López Castrillo do Centro Deportivo D10 foi terceira don ano 2008 (posto 13 xeral), Daniela Suárez Fernández do C Galaico Sincro foi cuarta do ano 2008 (posto 14 xeral) e Iria Fernández Rodríguez do C Sincro Ourense e bolseira do CGTD foi 19ª da clasificación xeral.

Por primeira vez 3 nadadoras Galegas tiveron acceso ás probas de selección por clasificarse entre as 25 primeiras (e Blanca Fidalgo García do RCN Vigo e bolseira do CGTD quedou ás portas por 2 centésimas): Helena López, Iria Fernández e Daniela Suárez, sendo esta última seleccionada para a próxima concentración infantil que se realizará en Buitrago de Lozoya (Madrid) do 3 ao 6 de decembro. A adestradora do CGTD, Sandra Montes, tamén formará parte do staff técnico en dita concentración.

En canto ás rutinas técnicas júnior:

Candela Fidalgo (RCN Vigo) clasificouse en 13º lugar e Paula Riveiro (Galaico Sincro) en 19º lugar na proba de solo técnico dun total de 29 participantes.

Candela Fidalgo e Carmen Borrajo (RCN Vigo) acadaron o posto 14, Blanca Moyano e Elia Rodríguez (C. Sincro Ourense) clasificaron no posto 18, Eva Rodríguez e Antia Touriño (C. Sincro Ourense) terminaron 29, Paz Coira e Cintia Fernández (RCN Vigo) no posto 30 e Paula Riveiro e Inés Soto (C. Galaico Sincro) foron 33 dun total de 44 participantes.

Nas probas de equipo técnico o C. Sincro Ourense finalizou en 9ª posición, o RCN de Vigo foi 16º e o C. Galaico Sincro foi 18º dun total de 25 clubs.

Acceso á web de resultados