Cto. de España Absoluto e Júnior de verán. Xornada 5

20210807_nat_cto_esp_abs_06

Dúas medallas, unha Mellor Marca Galega e varias finais na derradeira xornada do CVIII Campionato de España Absoluto OPEN e o XLII Campionato de España Júnior de verán.

Paula Otero Fernández do C.N. Arteixo proclamouse Campioa de España Júnior en 200 estilos cun un tempo de 2:21.27. Ademáis foi sétima na final A absoluta.

Carla Carrón Muiña do C.N. Arzúa foi segunda en 200 libre Júnior establecendo unha nova MMG de 16 anos con un tempo de 2:03.71.

Outros nadadores finalistas foron:

Martín Vázquez López do C.N. Portamiñá, cuarto en 100 bolboreta Júnior de 18 anos con 56.71.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo foi cuarta en 200 libre Júnior de 17 anos con 2:04.97.

Rosalía Marín Martínez do C.N. Coruña foi quinta en 200 estilos júnior de 17 anos con 2:24.14.

Acceso á web de resultados