Xornada 3 do Cto. España de Natación Infantil de Verán

20210722_nat_cto_esp_inf_04

Unha nova medalla de ouro e Mellor Marca Galega para Sofía Carballo en 200 braza.

Sofía Carballo González proclamouse campioa de España en 200 braza de 15 anos cun tempo de 2:34.35, establecendo unha nova MMG 15A.

Outros nadadores finalistas nesta terceira xornada foron:

Inés Mourenza Rocha do C.N. Portamiñá foi novena en 400 libre de 14 anos.

Gabriela Simón do C.N. Galaico foi quinta en 200 costas de 13 anos.

Mario Maneiros Paz do C.N. Ferrol foi sétimo en 800 libre de 15 anos.

Pablo Martín Novás do C.N. Galaico foi sexto en 800 libre de 16 anos.

Acceso a resultados completos