Cto. Galego Máster de verán. Xornada 2.

20210613_master_total

20210613_master_mas

O C.N. Ponteareas e o C.N. Escualos, Campións Galegos Máster de verán.

O domingo disputouse a segunda xornada do Campionato Galego Máster de verán, este día para as categorías de menos de 45 anos, na que tamén se bateron 14 Récords Galegos Máster e ao remate, na clasificación por clubes, os campións foron o C. N. Ponteareas e o C. N. Escualos.

En categoría feminina o vencedor foi o C. N. Ponteareas, seguido do C. N. Vigo Rías Baixas e terceiro o C. N. Liceo.

En categoría masculina, o C. N. Escualos proclamouse campión seguido do C. N. Ponteareas e terceiro o C. N. Liceo.

Na clasificación total, o gañador foi o C. N. Ponteareas o C. N. Escualos segundo e o C. N. Liceo terceiro.

Acceso á web dos resultados