Cto. Galego Máster de verán. Xornada 1

20210612_master_idade

20210612_master_liga

Hoxe disputouse na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, a primeira xornada do Campionato Galego Máster de verán para as categorías de máis de 45 anos, na que se bateron 18 Récords Galegos Máster. Ao remate desta xornada organizada de forma sobresaínte polo C. N. Ponteareas, a clasificación por clubse está encabezada polo club anfitrión en categoría feminina e total, e polo C. N. Escualos na categoría masculina.

Ademais entregáronse os trofeos aos participantes de máis idade que foron Celia Iglesias Blanco do C. N. Mos e Francisco Araújo Domínguez do C. N. Ponteareas.

Tamén recibiu o seu trofeo como Club Campión da Liga Galega Máster 2020-21, o C. N. Ponteareas.

Acceso á web dos resultados