Tecnificación de Natación Artística

20210509_art_tec

Esta fin de semana levouse a cabo unha nova xornada de tecnificación de Natación Artística, esta vez na piscina do CGTD de Pontevedra. O sábado en sesións de mañá e tarde, foron as nadadoras de categoría infantil as que adestraron baixo a dirección de Sandra Montes, e o domingo pola mañá, foron as nadadoras de categoría alevín.