Seguimento ao Wáter-polo Galego a nivel nacional

20201214_wat_9802

Continuamos co seguimento ás categorías nacionais dos nosos respectivos deportistas. O C.N. Sant Andreu, onde xoga o ferrolán Óscar Montes, non xogou esta fin de semana, quedando a súa próxima participación para semana que vén fronte ao C.N.A. Barceloneta. Pola súa banda o C.N. Sabadell, de Alejandro Andión, disputou o seu encontro fronte ao C.N. Echeyde, con vitoria por 7-20, e agora non volverán a xogar ata o 9 de xaneiro fronte o C.W. Navarra.

En categoría feminina, o C.D. Waterpolo 98 02, onde xoga Marina Casado, gañou o seu partido fronte ao U.E. Horta por 9-12, con 2 goles da pontevedresa, tendo a próxima semana outro partido contra o C.W. Marbella.

Nestes momentos onde todos os deportistas galegos de waterpolo están a desexar volver á normalidade para poder competir, seguiremos moi de preto as actuacións dos nosos/ as xogadores/ as en ligas nacionais.