Trofeo Internacional Castalia Castellón

20201209_nat_cgtd_ticc

Bos resultados dos nadadores galegos que participaron a fin de semana no Trofeo Internacional Castalia Castellón. Lembramos que había participación de nadadores seleccionados cos Equipos Nacionais absoluto e júnior, nadadores bolseiros do CGTD e nadadores que participaron cos seus clubs.

Acadáronse numerosas finais, podios e mellores marcas persoais nunha competición inclusiva con participación de moito nivel xa que servía para facer mínimas para os xogos olímpicos e paralímpicos.

Do máis destacado foi a mínima B para os xogos paralímpicos de Jacobo Garrido Brun do C. N. Liceo na proba de 400 libre en categoría S9.

Tamén Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo que estableceu unha nova MMG de 16 anos na proba de 400 libre cun tempo de 4:15.31. Ademais, tanto nesta proba de 400 como en 800 libre, nadou por debaixo das marcas mínimas esixidas para participar no Campionato de Europa Júnior, aínda que deberá referendalas no Campionato de España Júnior.

Acceso á web de resultados