IV Cto de España de Figuras Infantil de Natación Artística

20201129_artistica_fig_inf

Os días 28 e 29 de novembro disputouse en Madrid o IV Campionato de España de Figuras infantil e Rutinas Técnicas Júnior de Natación Artística.

Nesta ocasión, debido á complicada situación para os deportes con contacto, a participación galega reduciuse á nadadora do R. C. N. Vigo, Blanca Fidalgo García que participou na competición de figuras infantil, conseguindo clasificarse no posto 38 dun total de 150 participantes.