Inicio da competición Máster en Carballo

20201108_master_carballo

O domingo comezou a disputarse a Liga Galega de Natación Máster nunha primeira xornada organizada en Carballo na que os clubs participantes estaban distribuidos en dous grupos para cumprir coas condicións de aforo establecidas.

O primeiro grupo iniciou a competición ás 10:00 h e, unha vez rematada esta, o segundo grupo comezou ás 12:00 h, cumprindo con todas as medidas previstas nos protocolos tanto o federativo como do Concello e do club organizador, o AD Fogar.