Paula Otero, Andrea Domínguez e Pablo Cabana en Sierra Nevada

A nadadora Paula Otero Fernández do C. N. Arteixo e bolseira do CGTD, está convocada co equipo nacional júnior de natación (ESP-2024) para participar nunha concentración en altura que se celebra en Sierra Nevada do 26 de xaneiro ao 12 de febreiro.

Os nadadores do C. N. Ponteareas e bolseiros do CGTD Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo, tamén están convocados co equipo nacional júnior-infantil de Augas Abertas a unha concentración en altura que se celebra en Sierra Nevada do 26 de xaneiro ao 8 de febreiro.

A estas concentracións tamén está convocada Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.