Cambio na vogalía de natación

Tras a renuncia de Diego Fernández Torres como vogal de natación na Xunta Directiva, tarefa que levaba desenvolvendo con éxito dende o inicio da actual lexislatura, toma o relevo no cargo Santiago Escudeiro Pereira, quen será a partir de agora o encargado, entre outras cuestións, de coordinar a actividade da Comisión Técnica que tamén sofre algún cambio.

Por unha banda haberá unha dirección técnica para categorías absoluta, júnior e infantil formada por Luisa Domínguez, José Rioseco, Jaime López e Fernando Zarzosa, e por outra unha para categorías alevín e benxamín con Andrés Carrera, Sergio Silva e Fernando Zarzosa.