Oscar Montes ficha polo C. N. Sant Andreu

20190923_wat_oscar_diego_alex

O xogador galego Óscar Montes continua coa súa andaina na máxima competición de wáter-polo nacional. Como novidade, durante esta tempada, o Ferrolán xogará co Club Natació Sant Andreu. Óscar, despois do seu paso polo Club Natació Barcelona, cambiou a un equipo novo que seguro terá bos resultados durante esta tempada. Desde Galicia realizaremos un seguimento aos seus pasos, que comezan de maneira oficial este próximo sábado fronte ao Club Natació Mataró.

Seguindo os pasos de Óscar, temos a dous novos xogadores tamén facéndose oco neste deporte a nivel nacional. Son Alejandro Andión e Diego Touriño, que este ano xogarán con Club Natació Sabadell, polo que os xogadores Pontevedreses terán a oportunidade de medirse aos mellores xogadores e seguir os pasos do seu compañeiro Óscar.