María Vilas no Mundial de Augas Abertas

20190715_aua_maria_vilas

A nadadora María Vilas Vidal do C. N Galaico e bolseira do CGTD acadou o posto 33 na proba de 10 km do Campionato do Mundo Absoluto que se disputa en Gwangju (Corea), nunha proba na que se mantivo no grupo de cabeza ate a volta 5 dun total de 6. Despois de só 10 meses desde que retomara a sua preparación no CGTD de Pontevedra, como ela mesma di, é un paso máis para o que está por vir no seu reencontro coa alta competición.