Xornada 1 do Cto. Galego de Natación Absoluto, Júnior e Infantil de Verán

20190704_nat_campion_liga_infa

Tres mellores marcas na primeira das catro xornadas do Cto. Galego de Natación Absoluto Júnior e Infantil de Verán que se está a celebrar en Pontevedra na piscina Rías do Sur do 4 ó 7 de xullo de 2019.

Mellores Marcas batidas

  • Vazquez Lopez, Martin do C. N. Portamiñá MMG 16 anos en 50 costas con 28.17 (primeira posta de remuda).
  • Guiotto Sanchez, Marco do C. del Mar MMG 18 anos en 200 estilos con 2:08.32.
  • Souto Vilas, Carlos do C. N. Liceo MMG 16 anos en 200 estilos con 2:11.96.

Nesta xornada fíxose entrega ao C. N. Ferrol do trofeo ao clube campión da liga galega de natación infantil da tempada 2018/19.

Os equipos que lideran as clasificacións ó termo da xornada 1 son:

Clasificacións do Campionato Absoluta:

Feminina: C. N. GALAICO 69,00

Masculina: C. N. GALAICO 110,00

Total: C. N. GALAICO 179,00

Clasificacións do Campionato Júnior:

Feminina: C. N. PABELLÓN OURENSE 75,00.

Masculina: C. N. GALAICO 92,00.

Total: C. N. PABELLON OURENSE 142,00.

Clasificacións do Campionato Infantil:

Feminina: C. N. CORUÑA 95,00.

Masculina: C. N. PORTAMIÑA LUGO 96,00.

Total: C. N. FERROL 139,00.

Ler máis.