María Vilas e María de Valdés co equipo nacional en Yamaguchi

As nadadoras María Vilas Vidal do C.N. Galaico e bolseira do CGTD e María de Valdés Álvarez do C. N. Liceo estarán do 3 ao 10 de xullo co equipo nacional absoluto de augas abertas en Yamaguchi (JPN) nunha concentración previa ao 18º Campionato do Mundo FINA de augas abertas.