Xornada 4 do Cto. de España de Wáter-polo Xuvenil de 2ª Categoría

20190701_wat_cto_esp_xuve_01

20190701_wat_cto_esp_xuve_02

O Real Club Náutico de Vigo finalizou en 6ª posición despois de vencer a Portugalete pola mañá por un axustado 4-5, e caer derrotado na final particular pola 6ª praza fronte a Las Palmas por 10-17. O equipo de Vigo consegue un magnífico resultado despois de 4 días de competición cun equipo moi novo que ten moito futuro.

Pola súa banda o Club Waterpolo Pontevedra obtivo unha importantísima 3ª praza. Despois de caer derrotado nas semifinais fronte a Brains por 6-8, xogaba polo bronce fronte ao Club Waterpolo Elxe, onde conseguiu unha vitoria por 6-10, obtendo así por primeira vez para un equipo galego facer podio nun Campionato de España Xuvenil.

Desta forma os dous equipos galegos pechan a súa actuación cunha magnifica actuación. Parabéns a todos os xogadores e corpo técnico dos dous clubes.